ConfirmSign Premio Proxectos Innovadores por EGANET

A Asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet e ás Novas Tecnoloxías entregou o serán do 22 de decembro en Compostela os seus galardóns, nunha gala á que asistiron unhas 300 persoas. Un total de 87 empresas e entidades competiron, a través de 262 candidaturas presentadas nas distintas categorías, aos premios do sector TIC.
Nesta edición dos galardóns, creáronse catro Premios Globais que recoñecen os proxectos, de entre todos os presentados, que mellor aposta fixeran polo software libre, a innovación, a mobilidade e a accesibilidade. Na que ConfirmSign recibiu o galardón na categoria de Proxectos Innnovadores.
O certo e que a maior das sensacións e que iste e un premio que se recibe de mans de amigos. E é para nos unha enorme emoción e cheanos de boas sensación saber que se nos quere e se valora a nosa labor profesional. Dende ConfirmSign e dende o fondo do meu sentir una aperta emocianoda a todos aqueles que se lembran de nos e confian no noso facer. Bicos a todos!


Comentarios recientes